Comezamos a nosa aventura na blogosfera.
A nosa idea é facer deste blog un punto de encontro de amigos e amigas da alternativa vital ecolóxica.
Aínda que vaiamos paso a paso, despaciño pero con ganas, queremos compartir aquí ideas, artigos, noticias, reseñas e até receitas relacionadas coa alimentación natural e a cultura ecolóxica en xeral.
Esperamos ir contando tamén con xente con ganas de colaborar e compartir as súas experiencias para converter este sitio nun bo punto de referencia.
E, fóra da esfera virtual, esperamos poder saudarvos persoalmente en HORTA + SA, a nosa tenda ecolóxica na Coruña.
0 comentarios:
Publicar un comentario